Destacados
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
O PREGUNTOIRO
O pasado mes de outubro tivemos a gran posibilidade de visitar e ver in situ os traballos dunha excavación arqueoloxica única na zona de Pantón. Dita excavación é visitada diariamente polos veciños de Pombeiro, lugar onde se atoparon os restos arqueolóxicos que conservan vestixios materiais tan visibles relacionados coa época medieval. Todo isto dito e explicado polo membro do equipo Xurxo Ayán, que dirixe este precioso traballo de atopar pezas doutras épocas. Agora nós transcríbimolo neste blog.
Tes a posibilidade ademais de visitar dita excavación, de facer a ruta de Pombeiro a San Cosmede. Segun te adentras no comezo desta ruta xa empezas a sentir a conexión ca natureza máis virxen que te podes atopar agora mesmo no contorno da Ribeira Sacra. Unha combinación de cores, olores, sons, etcétera fan dela unha combinación perfecta para perderse por un tempo nesta preciosa terra.
Nas tumbas do preguntoiro podemos atopar un xacemento arqueolóxico, atopamos dous sartegos antropomorfos, perfectamente conservados. Un rudimentario rosetón, fragmentos de cerámica e muros dunha ermita. Hai un segundo xacemento: o Preguntoiro dous que ainda esta sen estudar, atópase cerca dun sequeiro. Nel encontramos moitas insculturas na pedra, e decir, cruces grabadas na pedra, en tres muros distintos.
Por este ano quedou cerrada a excavación en espera dos analisis das pezas encontradas. O dia 30 de novembro asistimos en Panton a posta en comun dos resultados da excavación, os arqueologos fixeron entrega da memoria tecnica diante de un numero de personas que se achegaron ata ali.
A intervención arqueolóxica non remata aqui, terá continuidade o proximo ano, " estamos seguros de que este lugar garda moitas sorpresas ", frase que di Xurxo Ayan nunha entrevista en Onda Cero Monforte de Lemos.
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Entradas populares
Románico por la Ribeira Sacra
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Os pobos asolagados
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Comentarios
Publicar un comentario