Destacados
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Os pobos asolagados
Ven con nós a mergullarte na historia dos pobos asolagados. Nunha paisaxe idílica, no entorno do río Miño, no concello de Portomarín, atopamos unha historia viva afundida baixo as augas do embalse de Belesar.
O percorrido
Partindo do entorno da ponte sobre o río Miño en Portomarín, deixaremos os coches e camiñaremos cara as ruínas de A Ferreiroá. Esta excursión podemos facela unicamente cando as augas están baixas, normalmente a finais de verán.
De camiño poderemos ver os restos dos caneiros ou pesqueiras de Portomarín, o emprazamento onde estaba a antiga igrexa románica, trasladada pedra a pedra ata o actual pobo, montaña arriba, ou mesmo da acea de Portomarín.
Loio e Paradela
No entorno da desembocadura do río Loio podemos albiscar, do outro lado do río, os restos de diferentes casaríos, que nalgún tempo tiveron nome e apelidos. Pertencen á parroquia do Loio, no concello de Paradela. Neste enclave mesmo hai quen afirma que tivo as súas orixes a orde militar dos Cabaleiros de Santiago.
Con un pouco de sorte poderemos desfrutar das aves acuáticas que proliferan neste idílico lugar.
A Ferreiroá
Cruzando a pequena ponte que salva o río da Ferreira, xa nos adentramos plenamente na aldea da Ferreiroá. Xusto por debaixo dela, do lado onde se atopa a aldea era un dos lugares onde os veciños lavaban a roupa.
Antigas adegas, cortes, lagares, terras e casas de labranza, son parte da historia da case trintena de pobos que xacen baixo as augas do río Miño.
Pero A Ferreiroá tamén ten historia recente, moito despois do seu asolagamento. Nos últimos anos ten sido o escenario escollido para a rodaxe de curtametraxes ou dos Krebinsky, un filme que narra unha amena historia un tanto surrealista. Precisamente conseguimos unha evidencia deste feito: un corazón co nome de Feodor e Loli, un dos protagonistas da película e a súa moza, tallado nun fermoso exemplar de carballo, que aínda se mantén en pe.
Precisamente fixemos unha foto de grupo, aos pes destes magnífico exemplar, que era coñecido polos habitantes deste lugar como a Cañota do Estraperlo. O Estraperlo era un veciño do lugar que tiña súa casa xusto ao lado, que ademais era a cantina da aldea. Precisamente vémola á dereita da foto.
Finalmente, despois de desandar o camiño, visitamos o novo Portomarín, erixido no chamado monte do Cristo. É un poboado de nova planta construído a raíz do asolagamento do vello poboado. Sorpréndenos o encanto e beleza da vila. Rematamos coa visita á magnífica igrexa románica de San Xoán de Portomarín, con toda seguridade, obra do mestre Mateo ou do seu obradoiro.
Folla de ruta
Duración: 2 horas
Saída e chegada: escalinata de Portomarín
Se queres facer esta ruta podes escribirnos a riocabetur22@gmail.com
Documental
Se estades interesados no tema dos pobos asolagados existe un documental na plataforma vimeo que podedes ver en liña no seguinte enlace: https://vimeo.com/606329522
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Entradas populares
Románico por la Ribeira Sacra
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Comentarios
Publicar un comentario